A Xunta saca a licitación o arranxo da LU-212 por Taboada e Monterroso

•A Consellería de Infraestruturas destina case 305.000 euros a acondicionar os puntos deteriorados en preto de 11 quilómetros

O delegado da Xunta en Lugo explicou os detalles do proxecto aos responsables locais en Taboada, a mediados deste mes. GPDTL
• O pasado 8 de marzo, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou o anuncio de licitación das obras de mellora da estrada LU-212, ao seu paso polos municipios de Taboada e Monterroso. O importe de licitación ronda os 305.000 euros, cun prazo de execución de seis meses.
FRESADO E REPOSICIÓN DO FIRME
Os detalles do proxecto foron explicados en Taboada polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, nun encontro cos alcaldes de ambos concellos. Balseiro lembrou que estas obras responden ás demandas de usuarios e veciños. O proxecto suporá o arranxo do firme naqueles puntos que o precisen, dende o arranque da estrada LU-212 ata o punto quilométrico 10,800. A actuación farase nos tramos deteriorados, con fresado da superficie e posterior cubrición con mistura bituminosa en quente en todo o ancho do carril.
MÁIS SEGURIDADE
O delegado autonómico precisou que este proxecto vén completar o arranxo executado pola Xunta neste mesmo vial hai dous anos. Balseiro destacou o obxectivo da Xunta de aumentar a seguridade viaria e promover o desenvolvemento económico dos municipios, así como a mellora da calidade de vida dos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa Lugo Termal 2018 beneficiou a 650 maiores lucenses

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo asinou o convenio para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: