Conta atrás no calendario do running na Ribeira Sacra

•Últimos días para inscribirse na XIV Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

As carreiras populares do sur de Lugo contan cunha importante participación, consolidándose ano tras ano. (Foto cedida).
• As carreiras populares do sur de Lugo volven á actualidade con novas citas. O 30 de marzo, festividade de Venres Santo, terá lugar a XIV Feira do Viño de Quiroga, a única carreira en España que se desenvolve nesta data festiva. O trazado da proba combina circuíto urbano e natural, cun importante tramo que discorre polo paseo fluvial da vila. As diferentes probas, en categorías menores e absoluta, comezarán a partir das catro e cuarto da tarde, con saída dende a rúa Real. O prazo de inscrición permanece aínda aberto, ata o mércores 28 de marzo ás 14,00 horas, na páxina web www.championchipnorte.com.
NOVIDADES NA CARREIRA DE MONFORTE
O running terá unha nova cita no sur lucense, esta vez en Monforte. O domingo 29 de abril celebrarase unha nova edición da Carreira Popular, que xa ten aberto o prazo de inscrición, no mesmo portal www.championchipnorte.com. Segundo explicaron dende o Concello de Monforte, este ano incorporarase un chip en todos os dorsais das categorías menores, menos na de mini, ao ter carácter non competitivo. O motivo foi o notable aumento no número de participantes nestas categorías. O chip vai facilitar o cómputo dos tempos de chegada de cada un dos participantes.
A Carreira Popular de Monforte tamén estreará premios para grupos de corredores, de entre 4 e 6 membros, co único requisito de que sexan paritarios en canto ao xénero. Os tres mellores grupos clasificados recibirán un trofeo conmemorativo.
Na categoría absoluta, haberá premios en metálico de 300, 200 e 100 euros para os tres mellores clasificados masculino e feminino, ademais dun premio especial para os corredores locais. En categorías menores, premiarase aos tres mellores clasificados en  cada unha das cinco probas. Na categoría mini, todos os que pasen a liña de meta levarán medalla e bolsa de lambetadas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pleno total do CV Ribeira Sacra no inicio da segunda fase

Seguinte Nova

O arquivo da Deputación recibe varias pezas do luthier Pascual Viudes de Aznar e do músico Canoura Ramos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: