•A adega chantadina Vía Romana acolleu este mes unha visita moi singular, vinculada co eido da literatura. A escritora Dolores Redondo, autora da novela «Todo esto te daré», Premio Planeta 2017, achegouse de novo ás instalacións desta firma de Chantada. Desta quenda, viña acompañada por un grupo de libreiros e xornalistas franceses, que participaban na viaxe promocional organizada pola editorial Fleuve Editions. Este selo levará ao mercado francés a tradución desta novela, que ten á Ribeira Sacra e á viticultura heroica como escensario da acción.
MEDIOS FRANCESES E BELGAS
Esta viaxe é unha oportunidade para que os xornalistas de cabeceiras francesas tan importantes como Figaro Littéraire, Paris Match e Radio RTL, ou a belga Soir. Segundo afirmou o xerente de Vía Romana, Juan Luis Méndez, ao recibir á expedición na súa adega, Dolores Redondo «converteuse na nosa mellor embaixadora», polo que agradeceu á escritora a súa labor de promoción das terras da Ribeira Sacra.
A novela está a ser un éxito no mercado, con traducións en máis de 20 idiomas. •