En marcha a nova edición do Campus de Emprendemento Sostible

•As catro edicións anteriores permitiron que 21 emprendedores puxeran a andar os seus proxectos en 10 municipios

Darío Campos conversou cos participantes no V Campus de Emprendemento Sostible, na visita formativa que realizaron ao taller de Idoia Cuesta, artesá e directora creativa, situado en Outeiro de Rei, o 15 de marzo. GPDL

• A quinta edición do Campus de Emprendemento Sostible xa está en marcha. Este programa da Deputación de Lugo ofrece a sete lucenses asesoramento específico e axeitado ás súas necesidades, para que poidan botar a andar os seus proxectos laborais.
Para coñecer de primeira man como está a desenvolverse esta edición do Campus, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañou aos participantes do Campus na visita que realizaron ao taller de Idoia Cuesta, unha das artesás máis recoñecidas da nosa provincia. A empresa, que leva o nome da súa fundadora, está radicada en Outeiro de Rei, e constitúe, segundo destacou o mandatario provincial, «un modelo de negocio sostible e asentado no rural lucense». «Agardamos que con esta quinta edición do Campus xurdan novas iniciativas empresariais», manifestou o presidente da Deputación. Campos Conde lembrou que xa son 21 as empresas que arrancaron a raíz da experiencia do Campus de Emprendemento Sostible, nas catro edicións anteriores.
O Campus ofrece unha primeira fase formativa de carácter xeral e teórico, na que tamén se coñecen de cerca proxectos exitosos. A segunda fase está centrada nos proxectos de cada participante, co que se analiza a viabilidade da súa idea empresarial, así como o enfoque medioambiental con exemplos práticos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Consellería explicou en Monforte e Sarria as axudas ao impulso empresarial

Seguinte Nova

Tomé reclamou ao Goberno central que impulse o corredor ferroviario Palencia-Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss