Máis obras en marcha para levar o abastecemento ás parroquias de Sober

•O Concello está a traballar en Rosende, e ten previstos para este ano actuacións similares en Vilaescura e Figueiroá

As obras da rede de abastecemento na parroquia soberina de Rosende iniciáronse a finais do mes de febreiro. GPCS
• O Concello de Sober continúa cos traballos para ampliar a rede municipal de auga ás parroquias. A finais de febreiro, iniciou unha nova actuación en Rosende, que beneficia aos núcleos de Lama dos Campos e Naz de Abaixo.
OBRAS FINANCIADAS CO PLAN ÚNICO DA DEPUTACIÓN
O orzamento para estes traballo ascende a 40.000 euros, financiado a cargo do Plan Único da Deputación. Este Plan, acordado polo organismo provincial con cada Concello, asumirá con preto de 100.000 euros máis obras para extender a rede de abastecemento ao resto da parroquia.
LEVAR O ABASTECEMENTO MUNICIPAL ÁS PARROQUIAS, UNHA “PRIORIDADE” DO GOBERNO LOCAL
Segundo explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a ampliación do suministro municipal de auga ás parroquias “é unha prioridade” do seu equipo de Goberno. Con este fin, dende o Concello están xa proxectadas novas actuacións. Así, Vilaescura será o próximo espazo no que se vai traballar, para levar a rede de auga aos lugares de Rodiz, Pena de Miro, Os Condes, Vilaescura e Vaz. Estas obras vanse custear con algo máis de 50.000 euros do Plan Único.
OBRAS EN FIGUEIROÁ CON FONDOS PROPIOS E PLAN ÚNICO
Ademais destas accións, o Goberno local de Sober ten previsto executar ao longo de 2018 traballos de abastecemento de auga en Figueiroá. En concreto, o proxecto inclúe a construción dun depósito de auga no lugar de O Taro, que terá unha capacidade de 150.000 litros. Esta infraestrutura permitirá dar servizo á totalidade da parroquia de Figueiroá, así como a núcleos limítrofes doutras parroquias.
Fernández Guitián precisou que o proxecto de Figueiroá vai supoñer un investimento de 100.000 euros, financiados con fondos propios do Concello e do Plan Único da Deputación.
O Goberno local xa completou en poucos meses a instalación da rede municipal de auga en toda a parroquia de Millán, ademais de tres núcleos en Proendos, catro en San Martiño de Anllo, Fondo de Vila en Rosende e Moreda en Vilaescura. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tomé reclamou ao Goberno central que impulse o corredor ferroviario Palencia-Monforte

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ofrece unha ampla programación para a Semana Santa

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: