Monforte contribuiu con cinco medallas ao triunfo da selección galega no Open de Andalucía de taekwondo

•Os monfortinos Álex Camba, do Neka, e Alejandro Fernández, do Escola Lucense, subiron ao máis alto do podio nas respectivas categorías de técnica •Dobrete de metais para Álex Camba e Elena Varela, do Neka, na proba andaluza

Á dereita da imaxe, Elena Varela e Álex Camba, do Neka, coa medalla de prata en técnica por parellas no Open de Andalucía. (Foto cedida).
• O taekwondo monfortino continúa destacando a nivel nacional, con resultados de primeiro nivel dentro da selección galega. Os monfortinos Álex Camba e Elena Varela, do ximnasio Neka, e Alejandro Fernández, do Escola Lucense, aportaron un total de seis metais ao medalleiro acumulado polo combinado galego no Open de Andalucía, celebrado o 17 de marzo en Málaga. Estes logros deron un gran impulso á selección galega, que se proclamou gañadora da clasificación por equipos.
VARIAS MEDALLAS CON SELO MONFORTINO
Monforte destacou na competición de técnica, e tivo presenza tamén no podio de freestyle. Alejandro Fernández, do club Escola Lucense, conseguiu a medalla de ouro en categoría cadete. Pola súa banda, Álex Camba, do Neka, completou unha xornada dobremente exitosa, ao lograr a medalla de ouro en senior 1 individual, e a de prata en parella con Elena Varela. A deportista do Neka tamén brillou con luz propia no Open de Andalucía, sumando unha medalla de bronce individual na modalidade de freestyle.
Álex Camba, no Neka, logrou a medalla de ouro en técnica, na categoría senior 1, do Open de Andalucía. (Foto cedida).
OPCIÓNS «INTACTAS» PARA A CLASIFICACIÓN DE ÁLEX E ELENA AO MUNDIAL DE PARELLAS
O adestrador do ximnasio Neka, José Mª Vega, tamén seleccionador do combinado galego, amosou a súa satisfacción porlos resultados conseguidos. «Camba por fin conseguiu subir ao máis alto do podio», valorou o técnico monfortino, que deu pistas tamén da importancia do acontecido en Málaga na modalidade de parella. «Coa prata de Elena e Álex, seguimos coas opcións intactas para clasificarse para o mundial», salientou Vega. O seleccionador tamén cuestionou a «máis que discutida decisión arbitral» que relegou a Varela ao terceiro posto no podio de freestyle, «en favor da competidora de Andalucía, que foi prata».
GALICIA, GAÑADORA NAS TRES CLASIFICACIÓNS
A nivel colectivo, a selección galega de taekwondo foi primeira por grupos, tanto na xeral como en técnica e freestyle. O palmarés da expedición galega a Málaga rematou con seis ouros, cinco pratas e dez bronces en técnica, e outros seis ouros, dúas pratas e dous bronces en freestyle.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Conta atrás para a celebración da XXXVI Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

Pleno total do CV Ribeira Sacra no inicio da segunda fase

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss