O arquivo da Deputación recibe varias pezas do luthier Pascual Viudes de Aznar e do músico Canoura Ramos

O presidente da Deputación, Darío Campos, recibe os materiais cedidos por José Luis Fernández Guerreiro, o pasado 15 de marzo. GPDL
• O fondo cultural da Deputación de Lugo vén de recibir un novo conxunto de materiais, esta vez vinculado á música. A mediados deste mes, o presidente do organismo provincial, Darío Campos, recibía de mans do cedente, José Luis Fernández Guerreiro, diferentes pezas e documentos do recoñecido luthier Pascual Viudes de Aznar, así como materiais de Félix Canoura Ramos, compositor e músico do Valadouro que empregou as súas pezas.
CESIÓN PARA O SEU ESTUDO E EXPOSICIÓN
Segundo precisaron dende a Deputación, os materiais foron cedidos para un periodo de cinco anos ao Centro de Artesanía e Deseño (Centrad). Durante este tempo, profesionais especializados procederán ao estudo das pezas, que posteriormente se integrarán no Arquivo documental da colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros deste Centro. Neste sentido, Campos Conde agradeceu ao cedente Fernández Guerreiro «a súa xenerosidade». O mandatario provincial lembrou que no Arquivo do Centrad consérvase a colección de instrumentos de corda medievais máis importante de Europa.
INSTRUMENTOS E DOCUMENTOS
O conxunto de instrumentos recibido pola Deputación está composto por dous violíns, un arco de violín e unha pandeireta, ademais dun fondo documental integrado por un disco de vinilo LP, unha casette, 14 carretes de cinta e un gravador-reprodutor, así como varias obras, fotografías e partituras.
O alicantino Pascual Viudes de Aznar, falecido en Bos Aires en 1959, foi o último descendente dunha familia de construtores de vihuelas e laúdes, que desenvolveu esta tradición dende o século XV. Félix Canoura Ramos, nacido en Ferreira de Valadouro en 1922, é un destacado violinista, integrante da Orquestra Sinfónica de Bos Aires, que realizou diversas gravacións con violíns elaborados por Viudes de Aznar. As grabacións forman parte dos materiais cedidos á Deputación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás no calendario do running na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Dolores Redondo, Premio Planeta 2017, reuniu a periodistas e editores franceses na adega Vía Romana, para promocionar a Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: