O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ofrece unha ampla programación para a Semana Santa

•O turismo xeolóxico e as rutas polos esgrafiados dinamizan a oferta •Mantéñense as exitosas iniciativas do Viñobús e as rutas do Románico

As rutas xeolóxicas que iniciou o ano pasado o Consorcio permiten coñecer a riqueza patrimonial vinculada á minería histórica e á paisaxe da Ribeira Sacra. Arquivo CTRS
• A Semana Santa na Ribeira Sacra ofrecerá aos visitantes unha ampla variedade de actividades coas que gozar da natureza e mergullarse na riqueza patrimonial e paisaxística destas terras. O Consorcio de Turismo vén de deseñar catro programacións con rutas centradas no viño, a arte, as minas históricas e a ornamentación arquitectónica como eixos principais. As actividades desenvolveranse entre o 29 de marzo, festividade de Xoves Santo, e o 1 de abril, Domingo de Pascua.
CATRO RUTAS DE VIÑOBÚS DENDE OURENSE E MONFORTE
A exitosa iniciativa do Viñobús volve unha tempada máis á Ribeira Sacra, con dúas rutas dende Ourense e dúas dende Monforte. O itinerario que sae da cidade das Burgas o venres 30 desenvolverase pola zona do Miño, con paradas no Ecomuseo de Arxeriz, Centro do Viño de Monforte e degustación nunha adega de Amandi.
Por outra banda, a ruta do sábado 31 que sae de Ourense adicarase á contorna do río Sil, con visitas ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, Castelo de Castro Caldelas e Mosteiro de Montederramo, así como paradas en adegas para degustar os viños da Denominación de Orixe. Ambas viaxes ocuparán a totalidade da xornada.
En xornada de tarde terán lugar as rutas do Viñobús que saen de Monforte de Lemos o venres 30 e o sábado 31. Os participantes coñecerán o Mosteiro das Bernardas de Ferreira, e degustarán viños en adegas de Amandi e Belesar.
ROMÁNICO NAS IGREXAS E MOSTEIROS AOS DOUS LADOS DO SIL
As igrexas románicas centrarán as rutas na zona lucense da Ribeira Sacra, programadas para o xoves 29 e sábado 31, en horario de tarde. O itinerario inclúe visitas guiadas ás igrexas de San Xoán de Portomarín e San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela.
Nas terras ourensás, os mosteiros serán os protagonistas desta iniciativa do Consorcio. O venres 30 e o sábado 31, ao longo de toda a xornada, a ruta percorrerá, con guía acompañante, os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santo Estevo e Santa Cristina de Ribas de Sil.
TURISMO XEOLÓXICO: ENTRE A PAISAXE E A HISTORIA
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra completa a programación desta Semana Santa con dúas rutas xeolóxicas, comentadas por arqueólogos. O xoves 29, en horario de tarde, a expedición partirá do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, para percorrer o Alto do Rodicio, Balcones de Madrid, Pasarelas do Mao e Cristosende.
A ruta programada para o venres 30 dará a coñecer a minería aurífera romana, un dos atractivos histórico-paisaxísticos que se integra no proxecto de Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. O percorrido partirá ás dez e media da mañá do Parque dos Condes de Monforte, para visitar Margaride, os miradoiros de Pómez e das Fontes, e Montefurado.
RUTAS DOS ESGRAFIADOS
A posta en valor da arquitectura popular é un dos obxectivos do Consorcio de Turismo nas súas últimas iniciativas. Para a Semana Santa, están deseñadas dúas rutas coas que coñecer en directo a decoración de fachadas con esgrafiados. As viaxes terán lugar o xoves 29 de marzo e o domingo 1 de abril. Unha das rutas ten saída dende Doade, en Sober, para visitar os esgrafiados deste municipio e os de Pantón, para rematar cunha sesión divulgativa sobre esta técnica no Ecomuseo de Arxeriz.
A segunda ruta centrarase en Taboada, con visitas e taller de elaboración de esgrafiados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis obras en marcha para levar o abastecemento ás parroquias de Sober

Seguinte Nova

O programa Lugo Termal 2018 beneficiou a 650 maiores lucenses

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss