Os produtos ecolóxicos e a mel, proxectos premiados por Semente de Monforte

•O conselleiro de Economía asistiu á entrega de premios, e agradeceu á asociación esta iniciativa que premia o emprendemento

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no acto de entrega dos premios que convoca a Asociación Semente de Monforte dende hai catro anos. GPXG

• O 17 de marzo, tivo lugar no Parador de Monforte a entrega dos premios aos mellores proxectos de emprendemento que convoca, dende hai catro anos, a Asociación Semente de Monforte. Dos dez finalistas, o proxecto monfortino Terras de María Castaña, para a produción e comercialización de produtos ecolóxicos da terra, alzouse co primeiro premio de 10.000 euros. O segundo, cunha dotación de 6.000 euros, recaeu no proxecto ourensán La Florida-Innovando con miel, que ten como obxectivo producir e comercializar derivados do mel.
Na entrega de premios estivo presente o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que felicitou á decena de finalistas polo seu “traballo, ilusión e valentía”, poñendo en valor “o talento, iniciativa e capacidade de innovar e competir que ten a comarca”.
Conde tamén tivo palabras de recoñecemento para a Asociación Semente de Monforte por esta iniciativa, coa que busca dinamizar o tecido empresarial desta contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O debuxante Siro López doa á Deputación tres retratos de persoeiros lucenses

Seguinte Nova

A Consellería explicou en Monforte e Sarria as axudas ao impulso empresarial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss