Pleno total do CV Ribeira Sacra no inicio da segunda fase

•Nesta volta, o club monfortino comezou con vitorias en todas as categorías

O equipo de segunda división cadete do CV Ribeira Sacra venceu ao Voleibol Ourense por 3-0 na Pinguela. (Foto cedida).

• Os éxitos están a acompañar aos diferentes equipos do CV Ribeira Sacra no inicio da segunda fase da competición. Dende o club monfortino celebran este «pleno total», xa que os cinco primeiros partidos remataron con vitorias en todas as categorías.
O equipo de segunda división superou ao Voleibol Ourense por un contundente 3-0 no partido disputado na Pinguela, na segunda fase dos play off polo ascenso.
En infantil, as xogadoras do CV Ribeira Sacra de primeira división resolveu con vitoria por 0-3 o seu partido de ida dos play off fronte ao Cambados. O éxito tamén estivo do lado das infantís de terceira división, que lograron impoñerse ao Ourense por 3-1 na Pinguela.
En xuvenil, o CV Ribeira Sacra sumou dúas vitorias, en primeira diante do Calasancias por 1-3, e en terceira por 3-0 fronte ao Emevé lucense.•

•Cinco deportistas de Monforte, nas concentracións de Semana Santa das seleccións infantil e cadete de voleibol

• O voleibol monfortino volverá a ter presenza nas próximas concentracións que organiza a Federación Galega. Nesta ocasión, serán cinco os deportistas monfortinos convocados para traballar durante tres días da Semana Santa, de cara a preparar o campionato de España que terá lugar o vindeiro mes de abril en Valladolid.
Na convocatoria das seleccións femininas, que se celebrarán en Boiro do 29 ao 31 de marzo, estarán no combinado infantil Ainara de la Fuente González, do Korbis Gonzalo Seguros, e Lucía Rodríguez González, do CV Ribeira Sacra. En cadete, a Federación convocou a Sofía Pérez Carballedo e  Carolina Camino Ferandez, ambas do CV Ribeira Sacra.
En categorías masculinas, a representación monfortina na convocatoria da Federación virá da man de Anier Mariño González, do Korbis Gonzalo Seguros, que traballará coa selección infantil en Boiro do 26 ao 28 de marzo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte contribuiu con cinco medallas ao triunfo da selección galega no Open de Andalucía de taekwondo

Seguinte Nova

Conta atrás no calendario do running na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: