•O alcalde de Monforte participou en O Barco na reunión sobre infraestruturas con alcaldes e empresarios de Galicia e O Bierzo

• O impulso da liña de ferrocarril Palencia-Monforte foi o asunto que ocupou a reunión mantida no Barco de Valdeorras, o pasado 16 de marzo, por alcaldes e empresarios de Galicia e do Bierzo.
“ALARMA” PARA NON PERDER “O ÚLTIMO TREN”
O alcalde de Monforte, José Tomé, lanzou unha “voz de alarma” para evitar, con este encontro, “que perdamos o último tren, coas consecuencias que se derivarían”. Tomé cualificou ao corredor Ourense/Lugo – Monforte – O Barco – Ponferrada – Palencia como “clave para o transporte de mercadorías dende os cinco portos galegos”. O rexedor monfortino animou a reclamar ao Goberno central as “medidas políticas, administrativas e financieiras necesarias” para impulsar “de inmediato” esta liña de ferrocarril.

“EXTRAORDINARIO DESENVOLVEMENTO PARA A GALICIA INTERIOR”
O alcalde de Monforte precisou que a unión dos cinco portos galegos máis os portugueses suporían “un potentísimo sistema de comunicacións por mar” na fachada atlántica. Tomé argumentou que esta unión configuraría “un extraordinario potencial de desenvolvemento económico”, que “debería implicar a toda a Galicia interior”, ademais do Bierzo e do norte de Portugal. Na reunión de Valdeorras, estiveron Manuel Besteiro, membro da dirección nacional de ADIF; Fernando González Laxe, catedrático e ex presidente da Xunta de Galicia; Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático especializado en comunicacións ferroviarias; e Ferrán Tarradellas, representante da Comisión Europea.

PORTO SECO
José Tomé defendeu que a liña ferroviaria do Corredor Atlántico debe ser construído enlazando as capitais provinciais de Lugo e Ourense “pasando por Monforte, O Barco e Ponferrada”. Neste contexto, o alcalde insistiu na necesidade de impulsar “de xeito definitivo” o Porto Seco de Monforte como nó loxístico do interior galego”.•