A Deputación de Lugo asinou o convenio para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel

•As instalacións, que ocuparán o solar da antiga escola de Folgoso, ofrecerán 30 prazas de residencia e outras 20 de centro de día

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, coa voceira socialista no Concello de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez, comentaron os detalles do convenio para construir a residencia. GPDL
A Deputación de Lugo deu luz verde ao primeiro chanzo para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel.
1,2 MILLÓNS DE EUROS DA DEPUTACIÓN, E 200.000 DO CONCELLO
O 23 de marzo, o organismo provincial aprobou o convenio para levar adiante este proxecto, cun investimento de 1,2 millóns de euros por parte da Deputación, mentres que o Concello aportará outros 200.000 euros. Ademais, o Consistorio cederá o solar e o edificio da antiga escola de Folgoso para levantar as novas instalacións. Pola súa banda, a Deputación, a maiores da aportación económica, encargarase da redacción do proxecto, así como da contratación e execución dos traballos.
Cando estea rematada, a nova edificación acollerá unha residencia con 30 prazas, e un centro de día con capacidade para 20 usuarios.
XUNTO AO CENTRO DE SAÚDE E DA FARMACIA
Dende o grupo do PSOE no Concello de Folgoso destacaron que esta iniciativa «vén cumprir cun punto recollido no noso programa electoral», salientando ademais a ubicación da residencia, «que estará a carón do centro de saúde e da farmacia». A voceira do grupo socialista en Folgoso, Carmen Álvarez, precisou que «cada investimento que recibe o noso municipio e que vén do Partido Socialista na Deputación ten como fin mellorar o benestar dos nosos veciños».
LOLA CASTRO PIDE «MÁXIMA CELERIDADE»
Pola súa banda, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, valorou a aprobación deste convenio provincial «que beneficiará a todos os veciños e veciñas da localidade». Castro considerou que se trata dun «compromiso irrenunciable» co Concello, polo que instou á Deputación a axilizar os trámites «coa máxima celeridade». A alcaldesa lembrou que este impulso ao centro de maiores non se tería conseguido «se non fora polo traballo feito por Elena Candia cando estivo ao fronte da Deputación», e «polas demandas do Grupo Popular». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta saca a licitación o arranxo da LU-212 por Taboada e Monterroso

Seguinte Nova

O PP provincial destaca que Lugo é unha das provincias máis beneficiadas dos Presupostos do Estado

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss