•A aceleradora de empresas da Consellería de Economía conta coa colaboración da Escola de Organización Industrial e o Concello de Monforte
Un total de 22 emprendedores iniciaron en Monforte a súa andadura formativa, dentro da terceira edición do Espazo Coworking. Dende o 10 de abril, e durante cinco meses, os participantes recibirán formación e asesoramento, a través de titorías personalizadas, para levar adiante os seus proxectos empresariais.
EMPRENDER E XERAR EMPREGO DENDE O TERRITORIO
O Espazo Coworking forma parte da rede de aceleradoras empresariais que puxo en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape. A iniciativa conta coa colaboración da Escola de Organización Empresarial, e do Concello de Monforte, que cede as instalacións do antigo ExpoLemos para o desenvolvemento das actividades. O obxectivo destas aceleradoras é promover a posta en marcha de ideas empresariais e a xeración de emprego sobre o territorio, co que se aumenta as probabilidades de éxito dos proxectos.
Segundo informaron dende a Consellería, os proxectos empresariais que van participar nesta nova edición do Coworking están relacionados coa biotecnoloxía, os servizos a través das TIC, e os servizos turísticos centrados na posta en valor do territorio, entre outras áreas de negocio.
O Coworking de Monforte leva apoiados corenta proxectos emprendedores nas pasadas edicións. Desta volta, a rede de Espazos que, xunto ao de Monforte, inician unha nova andadura, van impulsar un total de 130 iniciativas dende Santiago, Ferrolterra, Costa da Morte, a Mariña Lucense, e Celanova e Terras da Limia. En paralelo, atópanse na recta final da primeira edición os Espazos de San Cibrao das Viñas e Vilanova de Arousa. Estas aceleradoras están especializadas en proxectos relacionados co sector forestal e a madeira, no primeiro caso, e coa alimentación e turismo, no segundo.•