•As obras, que xa están en marcha dende comezos deste mes, van beneficiar a 12 parroquias, cunha extensión total renovada de 12 quilómetros
Tomé aproveitou o anuncio deste proxecto para facer balance das iniciativas que o Goberno local leva desenvolvidas na rede viaria rural. «Con estas obras, xa superamos o medio cento de camiños e pistas rurais melloradas dende a miña chegada á Alcaldía», salientou o rexedor. O obxectivo apuntado por José Tomé é completar o mandato con máis de 100 viais arranxados no rural. «Este feito supón o maior esforzo que se ten feito por parte do Concello nun prazo de tan só catro anos», destacou o alcalde.
A previsión que manexan no Concello é ter rematadas as obras das 12 parroquias ao longo do mes de maio.
O alcalde, José Tomé, valorou esta iniciativa, coa que «queda demostrado que este equipo de Goberno ten moi presentes as necesidades tanto da xente que reside nos barrios como nas parroquias monfortinas».•
CAMIÑOS INCLUIDOS NO PROXECTO DE MELLORA
• A Penela-entrada á Escola; A Penela- As Pereiras; Reigada- rúa Pontillón; Reigada As Fontes; As Fontes-Camiño do Mato; As Fontes-Camiño Fonte Vella; As Fontes; dúas vías de Distriz a Babela; Distriz-As Pozas; Piñeira-rúa Ourense; Piñeira-Pista do Rei; Piñeira- Regueira; Marcelle-Pista do Seixo; Marcelle-Vilanova; Marcelle-Palleiros; Marcelle-Mirador; A Parte-Probeiros; A Parte-Caseiro; Santa Mariña-Hortos; pistas de Caneda ata Vao en catro puntos; Monforte-Camiño da Redonda; Ribasaltas- Camiño da Quintela; Seoane- rúa Taboada; Seoane-Prodeme; Santa Mariña-Campo da Festa; Santa Mariña -Calvos- A Torre, e Campo de Tiro.•