O Museo do Ferrocarril de Monforte protagonizará unha unidade didáctica para escolares

•O Conselleiro de Educación e Cultura visitou as instalacións do Muferga na cidade do Cabe, e destacou “o seu potencial educativo”

Visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ao Muferga, acompañado, entre outros, polo presidente do padroado do Museo, José Manuel Balseiro, e polo director, Luis Blanco, o pasado 3 de abril. GPDTL

O Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga) está a consolidarse como unha das instalacións do patrimonio contemporáneo máis importantes de Galicia. Ao longo do ano, recibe numerosas visitas de grupos de todas as idades, con especial atención ás actividades destinadas aos escolares. Neste contexto, a Xunta vai elaborar unha unidade didáctica para que sirva de referencia aos educadores de cara a preparar as visitas a este Museo, único en España polas súas características.
O anuncio desta iniciativa foi realizado en Monforte polo propio conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na visita ás instalacións do Muferga o pasado 3 de abril. Rodríguez destacou “o potencial a nivel educativo” do Museo situado en Monforte”. O titular de Educación salientou que “o ferrocarril é unha boa escusa para poder dar a coñecer aos escolares a dinámica evolutiva da Galicia dos últimos séculos”. Rodríguez precisou a importancia do tren “como elemento de modernización social e territorial”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A chuvia non puido vencer á festa na XXXVIII Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

A Escola Oficial de Idiomas de Monforte ten en marcha un Ciclo de Cine aberto ao público

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss