O PP provincial destaca que Lugo é unha das provincias máis beneficiadas dos Presupostos do Estado

•O senador Barreiro salientou que as contas de España beneficiarán «de forma directa» a máis do 46% da poboación lucense

O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, explicou en rolda de prensa en Lugo o impacto na provincia dos Presupostos Xerais do Estado, o 4 de abril. (Foto cedida)
As contas do Estado para 2018 beneficiarán «de forma directa» a máis do 46% dos lucenses, debido «ao seu carácter marcadamente social». Esta foi a valoración realizada polo voceiro do Partido Popular no Senado, José Manuel Barreiro, nunha rolda de prensa ofrecida en Lugo a comezos do mes de abril. Barreiro, que estivo acompañado, entre outros, polo senador Dámaso López, salientou que os Presupostos Xerais que ten preparados o Goberno de Mariano Rajoy «avanzan no proceso de creación de emprego e de recuperación económicas».
MELLORAS PARA PENSIONISTAS E OUTROS COLECTIVOS
Barreiro precisou que, segundo as previsións do Goberno de España, os 122.000 pensionistas que residen na provincia de Lugo vanse beneficiar dun incremento na súa pensión, o que supón 9 de cada 10.
Barreiro explicou que esta mellora adquisitiva exténdese aos 30.000 funcionarios da provincia, os 29.000 viúvos e viúvas, e os máis de 1.350 efectivos das forzas de seguridade.
INVESTIMENTOS NO SUR LUCENSE
No apartado de investimentos, Barreiro puntualizou a partida de licitación de 2,5 millóns de euros para o intercomunicador entre a A-54 e a N-540 en Guntín. Ademais, o voceiro popular no Senado destacou que está prevista unha partida para iniciar a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos, da autovía A-72 Monforte de Lemos-Chantada, licitado en 2017.
Así mesmo, e no tocante ao mantemento e conservación de estradas, José Manuel Barreiro destacou varias partidas para a rehabilitación superficial do firme en varios treitos da N-540 e da N-642 en Lugo, ademais de melloras nos cruces da N-547 do Camiño de Santiago.
Nos ferrocarrís, Barreiro explicou que o Estado destinará 8,9 millóns a Lugo. Entre as actuacións previstas, inclúense os 3,7 millóns da liña Ourense-Monforte-Lugo, 2,7 millóns para iniciar a renovación e variantes da liña Monforte-Lugo, e o «compromiso de seguir traballando» na variente da Pobra de San Xiao. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo asinou o convenio para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra aguantou o mal tempo da Semana Santa cun 70% de ocupación

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss