Proxección internacional para o taekwondo monfortino

•Alejandro Fernández, do Escola Lucense, representará a España na modalidade cadete no Campionato do Mundo de Taipei •Pola súa traxectoria, Alex Camba e Elena Varela, do Neka, participarán este mes no Campionato do Mundo de Taekwondo Praia en Grecia

Os compoñentes do ximnasio Neka que participaron no Open Internacional de España, celebrado en Alicante o 23 de marzo. (Foto cedida).
O taekwondo segue a sumar alegrías para a cidade do Cabe, que vai contar con presenza deportiva en eventos internacionais.
FERNÁNDEZ AO MUNDIAL DE CHINA
O monfortino Alejandro Fernández, do Escola Lucense de Taekwondo, conseguiu a clasificación para o Campionato do Mundo, logo de acadar dúas medallas de ouro no Open Internacional de España, e quedar en primeira posición na clasificación xeral. Esta proba, celebrada en Alicante o pasado 23 de marzo, aportou a Fernández dous ouros, un como individual cadete, e outro co trío cadete masculino da selección española.
CATRO MEDALLAS PARA O NEKA
A proba alicantina supuxo máis medallas para o taekwondo monfortino, da man de Álex Camba e Elena Varela. Ambos deportistas do ximnasio Neka lograron doblete nos podios do Open Internacional de España. Varela conseguiu a prata individual en freestyle, e sumou outro segundo posto en parella con Alex Camba. Pola súa banda, o monfortino do Neka foi prata, superando por segundo ano consecutivo ao seu rival e compañeiro na selección galega, Alejandro Losada. Camba “rozou a fazaña”, segundo explicou o seu adestrador, José Mª Vega, ao rematar a tan só 0,3 décimas da medalla de ouro.
Os de Neka teñen un novo desafío este mes fóra de España. Camba e Varela viaxarán á isla grega de Rodas a finais de abril, para participar no Campionato do Mundo de Taekwondo Praia. Segundo explicou Vega, “a súa gran traxectoria foi decisiva para apostar por eles”. Camba e Varela están no máis alto do ranking nacional, ocupando o segundo posto de parella. En individual, Varela é segunda en freestyle, e Camba terceiro en técnica senior.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acollerá o 29 de abril o Campionato Galego de Voleibol cadete feminino

Seguinte Nova

Recepción oficial no Concello de Monforte á atleta Saleta Fernández

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: