18 medallas para os do Neka no campionato provincial escolar en Taboada

•O vindeiro 6 de maio, Monforte de Lemos acollerá a celebración do campionato galego de taekwondo

O grupo de deportistas do ximnasio Neka, logo de participar no campionato provincial escolar de taekwondo en Taboada, o 22 de abril. (Foto cedida).

O club Neka vén de engadir un novo lote de medallas desta tempada, esta vez no Campionato Provincial de Taekwondo en idade escolar nas modalidades de técnica e freestyle. A proba, que se celebrou en Taboada o pasado 22 de abril, rematou para os monfortinos con 18 medallas, das que 5 foron ouros, outras 5 prata, e as restantes 8 de bronce.
Ao primeiro posto do podio subiron Aldara Carballude, Lucía Roca, Aitor Teijeiro, Laura Álvarez e Daniel Areán. As medallas de prata foron conseguidas por Alan David Bustamante, Marco García, Carla Pardo, Ana López e Raúl Vázquez. Así mesmo, as medallas de bronce corresponderon a Santiago Gómez, Leyre Rodríguez, Eva López, Daniel Pérez, Karla Novo, Gael Trujillo, Yeray Rodríguez e Yasmin Rodríguez. Tamén conseguiron clasificarse Saray del Río e Yatlem Díaz.
Esta «completísima» vitoria, segundo expresou o adestrador, José Mª Vega, supón un pasaporte inmellorable para o vindeiro reto, que será a proba autonómica en Monforte, o 6 de maio.
Namentres, o 23 de abril colleron o pasaporte con dirección a Grecia Elena Varela e Álex Camba, para disputar o Campionato do Mundo de taekwondo praia, un «soño cumprido» para os do Neka. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación completou o arranxo da estrada entre Sarria e Goián con 325.000 euros

Seguinte Nova

O Gimnasio Fitsa CB Sarria confírmase como campión da primeira autonómica feminina

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss