Conta atrás para desfrutar da música, o viño e as tradicións na XXVII Feira do Viño de Vilachá

•Esta parroquia do municipio da Pobra do Brollón encherase de festa ao redor das súas adegas centenarias, na fin de semana do 5 e 6 de maio

Música, bo viño e ledicia atraen a público de todas as idades para participar na Feira do Viño de Vilachá. A edición número 27 terá lugar os vindeiros 5 e 6 de maio. Arquivo EC
O calendario de festas enolóxicas do sur de Lugo continúa no mes de maio. A primeira fin de semana, terá lugar no municipio de A Pobra do Brollón a XXVII Feira do Viño de Vilachá.
No entorno das singulares adegas desta parroquia, que gardan centos de anos de historia e tradición, os visitantes poderán desfrutar de música e bo viño, ademais de gozar coa beleza deste enclave paisaxístico.
ACTOS DO SÁBADO
As celebracións da XXVII Feira do Viño de Vilachá comezarán o sábado 5 de maio ás 12 do mediodía, coa apertura das adegas e dos postos de comida. Pola tarde, a partir das seis, terán lugar os pasarrúas a cargo dos grupos de cantos de taberna Macizas Centrais, Os Amigos do Caldeiro, Os Galochas, Os Palletas, Os Recuncados, Os Somontanos, Raíces do Campo, Somosche d’Herbas e Son do Mao. Xa ás nove, será a chourizada, e a música voltará ás nove e media, con Fanfarria Takicardia. Como en anos anteriores, a organización pon autobuses que sairá do Parque dos Condes de Monforte e da Pobra ás seis, con regreso ás tres da mañá. Os autocares do domingo partirán dos mesmos puntos ás 12, e voltarán ás nove da noite.
PREGÓN O DOMINGO
O domingo 6 de maio abrirase en Vilachá coas alboradas a cargo do Grupo de Gaitas da Escola Municipal de Música, e continuará cos pasarrúas de Cantareiros da Unión, Os Estoupafoles e Skachakunchas. Á unha, o escritor, xornalista e actor Antón Lopo lerá o pregón da XXVII Feira do Viño de Vilachá.
Xa pola tarde, ás tres e media, actuará a Charanga Mil 9, que porá o fin de festa. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova achega provincial para a residencia de maiores de Sarria

Seguinte Nova

Reunión en Folgoso para avanzar no novo Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: