•Dúas xornadas antes do remate da liga, as sarrianas garanten o ascenso a liga nacional pola derrota imprevista do seu rival directo
O baloncesto sarriao está de noraboa. A dúas xornadas de rematar a tempada, o Gimnasio Fitsa CB Sarria vén de proclamarse campión da primeira división autonómica feminina. O pase á liga nacional está garantido matematicamente, logo de que o seu rival directo, o Universitario de Ourense, caese de xeito «inesperado», segundo destacaron no club sarriao, en Vilagarcía. Con todo, e na mesma xornada, as de Sarria fixeron o seu traballo, ao gañar con rotundidade por 63-45 ao La Salle no Novo Chanto. •