A formación para desempregados contará con 26,6 millóns de euros da Xunta

• A través da nova convocatoria dos cursos AFD, a Xunta mellorará a cualificación de 8.700 desempregados

Presentación en Lugo das novidades da próxima convocatoria dos cursos AFD, a cargo do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, a finais de abril. GPDTL
A finais do mes pasado, a Xunta presentou a nova convocatoria de cursos AFD, unha iniciativa que busca fomentar a cualificación das persoas desempregadas. Segundo explicou en Lugo o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, a Xunta destinará a este programa 26,6 millóns de euros, o que permitirá acceder a formación homologada, a través de 580 cursos, a 8.700 desempregados.
CURSOS CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
Marnotes salientou que os cursos AFD permiten ás persoas sen traballo incrementar a súa ocupabilidade, e ter así máis posibilidades de incorporación ao mercado laboral. O director xeral destacou que estes cursos tamén dotan a Galicia «dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas».  Marnotes precisou que, ao remate dos cursos, os asistentes reciben cadanseu certificado de profesionalidade, con validez en toda España.
PRIORIDADE PARA VARIOS COLECTIVOS
No acceso á vindeira convocatoria destes cursos, terán prioridade as mulleres, en especial as vítimas de violencia de xénero. Tamén se priorizará aos parados de longa duración, persoas menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, e alumnos con baixa cualificación.
SECTORES PROTAGONISTAS DOS CURSOS, E ATENCIÓN ÁS COMPETENCIAS CLAVE
En canto á temática formativa, a convocatoria vai dar especial atención ás especialidades relacionadas co sector do metal, naval e automoción, a docencia de formación profesional para o emprego e para as accións en competencias clave. Alfonso Marnotes explicou que o 50% do presuposto total reservarase para estes bloques formativos.
Así, o 25% do orzamento, que supón 6,65 millóns, financiará 145 cursos nos sectores do metal, automoción e naval, e beneficiarán a 2.175 parados.  En competencias clave, realizaranse 58 cursos, destinados a 870 persoas sen estudos básicos. O presuposto será de máis de 2,6 millóns. Ademais, destinaranse case 4 millóns para 87 cursos sobre competencias dixitais, aos que asistirán 305 desempregados.
O programa AFD inclúe tamén cursos de idiomas, coñecementos financieiros, xurídicos e da administración. •

• En 2016, o 60% do alumnado dos cursos AFD atopou un emprego, o que supón catro puntos porcentuais máis que en 2014 e 2015

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo e De la Serna presentaron a nova conexión ferroviaria Lugo-Ourense

Seguinte Nova

Investimento de 90.000 da Xunta para manter varios quilómetros de pistas rurais en Bóveda

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: