Investimento de 90.000 da Xunta para manter varios quilómetros de pistas rurais en Bóveda

•Os traballos mellorarán os accesos a varios núcleos do rural

Na visita a Bóveda, o delegado da Xunta en Lugo estivo acompañado polo alcalde, José Mª Arias, a deputada autonómica do PP Julia Rodríguez, e membros da corporación local. GPXG

Xa están en marcha os traballos de acondicionamento de varios camiños rurais no municipio de Bóveda. As actuacións, financiadas pola Xunta con 90.000 euros, suporán a mellora dos accesos a varios núcleos rurais.
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita a Bóveda o 30 de abril, os traballos realizaranse nun total de cinco quilómetros de lonxitude, cun ancho medio de catro metros. Balseiro, que estivo acompañado polo alcalde de Bóveda, José Mª Arias, precisou que o proxecto de obra inclúe a correción puntual dos desperfectos do firme, así como a mellora xeral do pavimento e a limpeza de cunetas, para garantir as mellores condicións de seguridade.
As primeira obras iniciáronse en Eimer, con arranxos en dúas vías de acceso dende San Fiz, unha das cales chega ata o límite co término municipal de O Corgo. Son 2,3 quilómetros en total, financiados con 44.420 euros, e que estarán arranxados a finais de xuño.
Balseiro adiantou a execución “nos próximos meses” de obras nos accesos a Ribas Pequenas, en dous quilómetros dos camiños que parten da LU-P-0901 e da LU-652.  Ademais, en Teilán mellorarase medio quilómetro do camiño entre as estradas LU-611 e LU-646 O orzamento será de 45.733 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A formación para desempregados contará con 26,6 millóns de euros da Xunta

Seguinte Nova

Bruxelas confirma que Monforte estará na liña ferroviaria do Corredor Atlántico

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: