• Na fin de semana do 12 e 13 de maio terá lugar a XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón • As XXXI Xornadas da Rota do Románico desenvolveranse ata finais de xuño

Pantón inicia estes días unha ronda de festexos para celebrar a súa cultura monumental, enolóxica e paisaxística. O 12 e 13 de maio, terá lugar en Ferreira a XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón, e ao longo de maio e xuño desenvolveranse os actos das XXXI Xornadas da Rota do Románico.
O PROGRAMA DA TVG “AQUÍ GALICIA”, EN DIRECTO O SÁBADO DENDE FERREIRA
O sábado á unha da tarde quedará inaugurada a XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón, coa presenza de Ramón Carballo, subdelegado do Goberno en Lugo. Á unha e media, veciños, visitantes e autoridades participarán dende Ferreira no Brindis do Viño simultáneo en toda España, con motivo do Día Movemento Viño D.O.
Á hora do xantar arrancará a III Festa da Empanada, no recinto do Castro, con venda de empanadas e produtos da terra. A música comezará ás catro, con varios pases a cargo da charanga Támega, Xograres de Lemos, e o grupo de percusión Xituma Batuke. Ademais, de catro e media a sete e media, emitirase en directo dende Ferreira o programa “Aquí Galicia”, da TVG.
Ás once da noite, terá lugar o concerto pop rock do grupo América.
O ACTOR E MONOLOGUISTA CARLOS BLANCO, PREGOEIRO EN PANTÓN
A mañá do domingo abrirase cos pasarrúas a cargo da banda de gaitas O Castro. Logo da recepción de autoridades no recinto feiral, procederase á lectura do pregón, este ano a cargo do actor e monologuista Carlos Blanco.
Na tarde, voltará a música coas charangas XL e Fuego, e a banda de gaitas O Castro. Dende as sete e media, actuará a orquestra Costa Dorada, que porá fin á festa do viño en Ferreira.

NOVIDADES DESTA MOSTRA DOS VIÑOS DE PANTÓN
Un dos atractivos desta edición da XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón será a degustación dun porco ao espeto no recinto feiral. Ademais, as rutas de sendeirismo que organiza o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra terán como punto final Pantón, para dar a coñecer aos sendeiristas este evento enolóxico.

ARTE, HISTORIA E DEPORTE NAS XORNADAS DO ROMÁNICO
Aproveitando a Mostra dos Viños, Pantón bota a andar as XXXI Xornadas da Rota do Románico. Esta orixinal iniciativa, que mistura a posta en valor do territorio coa divulgación dos seus prezados recursos patrimoniais, inicia esta nova edición o 11 de maio, cunha conferencia a dúas bandas no Edificio Sociocultural de Ferreira. Nesta ocasión, serán a profesora de Historia da Arte da USC Ana Goy, e o arquitecto Mario Crecente, os encargados de abrir as xornadas, coa conferencia “A Ribeira Sacra: Candidatura a Patrimonio Mundial”, a partir das oito.
A segunda cita co románico en maio terá lugar o día 25, no Salón de Actos do Concello de Pantón. Camiño Noia, profesora emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, falará sobre “As leccións dos contos populares galegos”.
A quenda de eventos do mes de maio culminará coa tradicional Carreira Popular Rota do Románico. A décimo oitava edición desta proba terá lugar o 26 de maio, con saída ás seis da tarde dende a Praza do Concello en Ferreira.

ACTOS DO ROMÁNICO PARA O MES DE XUÑO
A programación de xuño das XXXI Xornadas da Rota do Románico de Pantón iniciarase cunha conferencia de Teresa Moure, doutora en Historia da Arte, que falará sobre “O declive e desaparición dos mosteiros benedictinos femininos na Ribeira Sacra a finais da Idade Media”. Será o día 1 de xuño, ás oito, no Salón de Actos do Concello.
A música centrará a xornada do 10 de xuño, coa VII Edición da Sinfonía do Mosteiro. A velada estará a cargo do Grupo de Cámara Trío Provenza, na igrexa do Mosteiro de Ferreira.
A creación poética, a promoción turística e o sendeirismo pecharán o programa. O 17 de xuño presentarase a terceira edición de Pórticos do gozo (Poemas a Pantón), de Xosé Lois García. A poesía do chantadino unirase aos versos de Manuel María nun roteiro poético e artístico polas ribeiras do Miño, Sil e Cabe, o 23 de xuño. Ó día seguinte, presentarase a guía turística de Pantón elaborada por José Salgado, fotógrafo e xornalista. As Xornadas rematarán coa actuación da solista Eugenia Sanmartín, no Convento de Ferreira.•