A Xunta apoia con 2,6 millóns a contratación de 346 persoas nos concellos lucenses

•Balseiro lembrou que o 1 de xullo estarán incorporados os novos traballadores de tres programas

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na rolda de prensa do pasado 21 de maio. GPDTL
A Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu este mes tres programas de apoio á contratación nos concellos, cun investimento na provincia de Lugo que acada os 2,6 millóns de euros. Esta cifra repártese entre as accións do programa Aprol Rural, o de fomento da contratación de persoas que perciben a Risga, e o plan de cooperación. Segundo especificou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, as tres accións permitirán acceder a un emprego a 346 persoas na nosa provincia, que se incorporarán aos seus postos antes do 1 de xullo.
PROGRAMA APROL RURAL
Do investimento total da Consellería, 1,3 millóns destínanse ao programa Aprol Rural, que permitirá a contratación de 120 lucenses durante un periodo de nove meses. Unha das novidades deste ano é que os contratos deberán estar relacionados coa posta en valor do sector forestal, priorizándose tamén aos municipios que teñan acadada a consideración de Concellos Emprendedores. Balseiro precisou que os 56 concellos solicitantes das axudas poden dispoñer delas, aínda que con «especial incidencia» naqueles concellos que se sumaron ao acordo entre Xunta e Fegamp para a captación de investimento en Galicia. Con estas achegas ao Aprol Rural, a Xunta financia todos os custos laborais dos traballadores, incluíndo a cotización empresarial á Seguridade Social.
CONTRATOS PARA BENEFICIARIOS DA RISGA
Para o programa de contratación de perceptores da Risga, a Consellería aprobou unha partida de case un millón de euros, o que permitirá dar traballo a 116 persoas nos 36 concellos que participan. A Consellería de Economía financia todos os custos laborais dos novos traballadores, que realizarán servizos de interese municipal cun contrato laboral de sete meses.
Balseiro completou o detalle destas iniciativas da Xunta en materia de emprego. O plan de cooperación facilitará a contratación de 110 socorristas en 37 concellos, por un periodo de dous meses, e cunha partida superior aos 341.000 euros. 76 destes socorristas desenvolverán a súa actividade en concellos da Mariña lucense.
O delegado afirmou que «a Xunta lidera as iniciativas de emprego da provincia». Balseiro destacou que estas medidas realízanse «a través dun sistema de cooperación cos concellos», o que implica aforro para as arcas municipais, a garantía de que os traballos resolverán necesidades reais, e o impulso ao sector forestal da provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Doazón dunha peza da artista sarriana Violeta Bernardo á Rede Museística Provincial

Seguinte Nova

154 persoas comezan este mes a traballar dentro do programa provincial Ben Empregado 4

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss