Bruxelas confirma que Monforte estará na liña ferroviaria do Corredor Atlántico

O presidente e o secretario do Eixo Atlántico, Alfredo García e Xoán Vázquez, na reunión mantida en Bruxelas o 24 de maio co coordinador da Rede Transeuropea de Transportes, Carlo Secchi. (Foto: Eixo Atlántico)

Bruxelas vén de dar unha boa noticia para o sur de Lugo e a cidade de Monforte. O coordinador europeo da Rede Transeuropea de Transportes, Carlo Secchi, confirmou aos responsables do Eixo Atlántico que a liña ferroviaria A Coruña- Vigo – Ourense – Monforte- O Barco- Palencia será integrada no Corredor Atlántico o vindeiro 6 de xuño.

REUNIÓN DOS RESPONSABLES DO EIXO ATLÁNTICO NA CAPITAL EUROPEA

O anuncio foi realizado ao longo da reunión mantida por Secchi con Alfredo García, presidente do Eixo, e Xosé Vázquez Mao, secretario desta entidade, en Bruxelas o 24 de maio. A integración será proposta pola Comisión Europea o día 6 de xuño, e se enviará para a súa ratificación polo Parlamento e Consello Europeo.

INICIO DA TRAMITACIÓN 
Segundo informaron dende o Eixo Atlántico, a ratificación definitiva está prevista para dentro de un ano, aínda que precisaron a vontade do actual Parlamento para aprobalo antes das vindeiras eleccións europeas. En calquer caso, e segundo o Eixo, a proposta oficializarase antes do 2020, para poder ser cofinanciada en 2021 cos fondos do novo marco comunitario. A previsión é que as obras estean rematadas en toda a rede europea en 2030, como data límite. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Investimento de 90.000 da Xunta para manter varios quilómetros de pistas rurais en Bóveda

Seguinte Nova

O Festival do Viño da Ribeira Sacra celebrarase no Malecón de Monforte os días 6, 7 e 8 de xullo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: