

A Biblioteca Municipal do Saviñao organizou, o pasado 14 de maio, unha actividade en torno ao Día das Letras Galegas. Tanto nenos como maiores participaron nesta sesión, na que coñeceron diversos detalles da vida de Mª Victoria Moreno. A autora homenaxeada este ano falaba 12 idiomas, chamáballe Teresita ao seu coche, e adoraba aos animais.
Durante a narración, os participantes foron traballando en debuxos e caricaturas guiadas, ata completar un conxunto de sorprendentes creacións. As pezas están expostas na Sala Infantil da Biblioteca. •