Doazón dunha peza da artista sarriana Violeta Bernardo á Rede Museística Provincial

As artistas Violeta Bernardo e Carmen Porteiro asinaron, coa deputada de Cultura Pilar García Porto, a doazón de obras para a Rede Museística Provincial. GPDL

Coincidindo coa celebración da Noite dos Museos, a Rede Museística Provincial vén de incorporar novas obras, da man das súas autoras, a lucense Carmen Porteiro e a sarriana Violeta Bernardo. Na sinatura da doazón, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, agradeceu o «compromiso destas autoras co traballo e coa proxección da Rede Museística Provincial».

A xornada da Noite dos Museos continuou en Lugo cun faladoiro sobre a percepción na arte dos discursos sobre xénero. Os participantes realizaron ademais unha visita guiada a escuras polo Museo Provincial.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Debuxos e caricaturas na Biblioteca do Saviñao para achegarse a Mª Victoria Moreno polo Día das Letras Galegas

Seguinte Nova

A Xunta apoia con 2,6 millóns a contratación de 346 persoas nos concellos lucenses

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: