En marcha as obras de acondicionamento da estrada entre Escairón e Pesqueiras

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado polo alcalde do Saviñao, Joaquín González, e o tenente de alcalde, Juan Carlos Armesto, supervisaron as obras de mellora da LU-617, o pasado 15 de maio. GPDTL
A Xunta está a acondicionar a estrada LU-617, que une Escairón con Pesqueiras, cun investimento de 246.000 euros. O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que as obras van mellorar un total de sete quilómetros, repartidos en dous tramos.
PRIMEIRO TRAMO XA EN OBRAS
O primeiro trazado en obras ocupa 4,3 quilómetros, dende o cruce de Vilatán ata Pesqueiras. Os arranxos están a resolver problemas na pavimentación, aplicando dobre tratamento superficial bituminoso.
MÁIS TRABALLOS EN XUÑO
As accións van continuar no mes de xuño, con obras previstas para o tramo de 2,6 quilómetros entre o final da travesía de Escairón ata Vilar. Neste treito, realizaranse fresados localizados da superficie, así como reposición do firme con mestura bituminosa, e extensión en todo o ancho da estrada dun microaglomerado en frío.
José Manuel Balseiro precisou que estas actuacións están dentro do contrato de conservación ordinaria e vialidade correspondente á zona sur da provincia de Lugo. O delegado lembrou que o obxectivo é manter as estradas en condicións adecuadas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

154 persoas comezan este mes a traballar dentro do programa provincial Ben Empregado 4

Seguinte Nova

Todo listo en San Clodio para celebrar a XVI Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss