Gimnasio Fitsa CB Sarria alzouse como campión da Primeira División feminina Autonómica

Foto do equipo Gimnasio Fitsa CB Sarria, co trofeo que as acredita como campionas da Primeira División Autonómica feminina, o pasado 13 de maio no pavillón do Chanto. (Foto: CB Sarria).

 

As xogadoras do Gimnasio Fitsa CB Sarria recibiron a copa de campionas da Primeira División feminina Autonómica, da man do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o pasado 13 de maio. As amarelas Sara Corredoira, Clara López, Uxía Fernández, Ariadna González, Alicia Lombardía, Almudena Puente, Rebeca Díaz, Iris Palmeiro, Silvia Montes, Dorinda Torres, Zeltia Presas e Alessandra Ghisleni, adestradas por Maísa López, completaron a tempada cun triunfo sobre Calasancias Coruña. O pase á liga nacional xa estaba matemáticamente logrado para as sarrianas hai tres xornadas, logo de que o seu rival directo, o Universitario de Ourense, caese de xeito «inesperado», no partido decisivo en Vilagarcía. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nomeamento da escritora e profesora Celia Díaz Núñez como Filla Adoptiva de Quiroga

Seguinte Nova

A Gala do Deporte celebrarase o 8 de xuño na Casa da Cultura de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss