• Máis de 20 adegas concurrirán á segunda edición deste evento enolóxico

Xa está listo o programa de actividades da segunda edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Esta cita enolóxica terá lugar no Paseo do Malecón os días 6, 7 e 8 de xullo, coa participación de 24 adegas. Así o anunciou o alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación do Festival, e adiantou que o programa inclúe gastronomía, artesanía, obradoiros, turismo e música.
O rexedor salientou que o Festival “naceu o ano pasado con vontade de permanencia no tempo”, cun planteamento “ben articulado”, de xeito que “cando Tomé deixe de ser alcalde, ou cando José Manuel deixe de ser presidente da Denominación, o evento teña a continuidade asegurada”.

PROMOCIÓN CONXUNTA
O alcalde, que estivo acompañado polo presidente da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez, e os portavoces dos grupos con representación municipal, insistiu en que o Festival ten como obxectivo “promocionar conxuntamente os viños e as adegas das cinco subzonas da Denominación de Orixe”.

A RIBEIRA SACRA, ALGO MÁIS QUE VIÑO
O presidente do selo enolóxico, José Manuel Rodríguez, destacou que a Denominación “xa superou as vodas de prata”, ademais de “existir unha sensibilidade para celebrar en Monforte, como capital da Ribeira Sacra, un evento así, pero tendo en conta que esta zona é algo máis que viño”.•