•A proposta incorpora aos Orzamentos de 2018 un total de 4,2 millóns de remanentes •Os restantes 21 millóns irán polo Plan Único
O Pleno provincial do mes pasado aprobou novos investimentos para toda a provincia, por un valor total que supera os 25 millóns de euros. Inicialmente, o Goberno da Deputación preparou unha proposta de 21 millóns, que se viu completada por unha iniciativa para incorporar aos Orzamentos de 2018 outros 4,2 millóns de remanentes.
PROTECCIÓN CIVIL E E-ADMINISTRACIÓN
Na proposta inicial, o Goberno da Deputación consignou 21 millóns, que se canalizarán a través do Plan Único. Neste sentido, o presidente da Deputación, Darío Campos, destacou que este Plan contribúe «ao mantemento dos Grupos de Protección Civil tralos recortes da Xunta», así como ao «impulso da e-administración», co obxectivo de que «os veciños poidan realizar máis trámites por internet».
21 MILLÓNS A TRAVÉS DO PLAN ÚNICO
Campos Conde explicou o detalle destes investimentos que se materializarán dentro do Plan Único. Así, os 21 millóns servirán para financiar 307 novas obras de mellora de servizos públicos, e 200.000 horas de atención profesional a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes. Os fondos provinciais tamén se destinarán, segundo Campos Conde, a xerar outros 240 novos postos de traballo, así como a apoiar 44 actividades culturais, outras 84 deportivas e 79 accións turísticas en toda a provincia.

REMANENTES
A proposta do Goberno provincial de incorporar 4,2 millóns de euros de remanentes aos Orzamentos deste ano vai destinada a diversas actuacións. Entre as accións máis salientables, a Deputación achegará 200.000 euros para dotar dunha canceira á zona sur de Lugo. Este servizo instalarase en Monforte, para cubrir as necesidades de 22 municipios da contorna. Outros 250.000 euros irán a un plan de sinalización intelixente para potenciar o turismo. Así mesmo, a Deputación achegará 100.000 euros a un plan de marquesiñas no rural, e outros 50.000 euros servirán para un plan de dotación de desfibriladores nos concellos. Tamén hai unha partida de 2,3 millóns para transferencias aos concellos coas que atender as súas necesidades, e outros 300.000 para a recuperación de terreos baldíos no rural. •