• Incorporáronse ao Centro as primeiras 100 novillas • Esta infraestrutura é a primeira de carácter público en España • Darase prioridade aos gandeiros lucenses para o uso destas instalacións
Lugo conta dende este mes cun novo servizo público para atender as necesidades dos gandeiros. O 5 de xuño quedou inaugurado o Centro de Recría na Granxa Gayoso Castro, o único de titularidade pública en toda España, e impulsado pola Deputación de Lugo.
INVESTIMENTO PROVINCIAL DE 12 MILLÓNS SEN A COLABORACIÓN DA XUNTA
Na apertura das instalacións, o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, salientou a importancia de ter culminado «este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo». O mandatario provincial subliñou que a inauguración foi «un día moi importante» para Lugo, no arranque dun centro «de primeirísimo nivel e tan importante para os nosos gandeiros». Campos Conde lembrou que, para chegar ata aquí, «houbo que superar moitas trabas», cun «esforzo inversor» por parte da Deputación que rondou os 12 millóns de euros para construír «en solitario» estas instalacións. O mandatario lamentou que a Xunta, «coas competencias en Medio Rural, rexeitara colaborar, e ademais demorara dous anos a concesión da licencia de obra».
Na primeira xornada, entraron varias novillas procedentes de 30 gandeiros lucenses, e nas primeiras 24 horas xa sumaban 100. Campos Conde salientou que o Centro de Recría da Gayoso Castro é o único de titularidade pública en España para gando vacún de leite. Agora mesmo, hai catro centros de recría; tres son privados, localizados en Pantón, no concello coruñés de Mazaricos, e na localidade zaragozana de Mallén. Ademáis, hai outro centro en Guipúzcoa, que se levantou en terreos da Deputación foral pero é de xestión privada.

ESTRICTOS CONTROIS PARA GARANTIR OS DEREITOS DOS GANDEIROS
O día a día deste centro pioneiro estará a cargo da empresa Recría Castro S.L., logo dun proceso de concorrencia competitiva. A empresa conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. O contrato establece uns estrictos protocolos para garantir os dereitos dos gandeiros. A empresa concesionaria sumou a AFRICOR ao proxecto, para que promocione os servizos do Centro de Recría entre os seus 1.500 gandeiros lucenses asociados.

3 MILLÓNS DE EUROS DE BENEFICIO ANUAL
Darío Campos precisou os obxectivos que moveron a apertura do Centro de Recría da Deputación. «Este proxecto, financiado polo organismo provincial con cartos que son de todos os lucenses, naceu para facilitar o traballo aos nosos veciños e aforrarlles custos», salientou. O mandatario provincial puntualizou tamén que o Centro de Recría da Deputación vai impulsar o conxunto da economía lucense, «pois xerará uns beneficios anuais de 3 millóns de euros», unha vez que o servizo funcione a pleno rendemento. Outra das finalidades do proxecto é o impulso do emprego. «O Centro vai crear un mínimo de 10 postos de traballo, ao tempo que contribuirá a manter ducias de empregos no sector», explicou.
A tarifa do Centro de Recría é de 2,39 euros por día, con todos os servizos incluídos. Dende a Deputación explicaron que este prezo resulta económico para os gandeiros, porque non terán que levar as novillas fóra.•