140 xogadoras internacionais daranse cita en xullo no campo de golf de Augas Santas

Imaxe dunha das edicións anteriores do International Ladies Open celebradas en Augas Santas. Arquivo EC

O complexo de golf de Augas Santas acollerá a sexta edición do Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad International Ladies Open. A única proba en España do acceso ao Circuíto Europeo Feminino de golf celebrarase en Pantón do 4 ao 6 de xullo.
As 140 participantes proceden de 29 países dos 5 continentes, sendo Inglaterra a que máis xogadoras aporta, cun total de 28 golfistas. De Francia chegarán 20, e España estará representada por un total de 18 xogadoras.
O 2 de xullo está prevista a recepción das xogadoras en Monforte de Lemos, cunha presentación no Concello e unha solta de globos na Compañía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As xogadoras do CV Ribeira Sacra lograron o oitavo posto no Campionato de España cadete de Voleibol

Seguinte Nova

Natureza, diversión e deporte daranse a man o 7 de xullo na nova edición do Night Trail de Quiroga

Últimas noticias sobre DEPORTES

   
A %d blogueros les gusta esto: