A iniciativa da Deputación de Lugo de aplicar taxas ás empresas enerxéticas polos tendidos nos municipios vén de ser apoiada por 51 concellos. Os representantes destes municipios asinaron co presidente da Deputación, Darío Campos, un convenio para levar adiante esta nova taxa, que pretende acadar novos ingresos para os concellos.
ESTUDO INICIAL
Segundo precisaron os responsables provinciais, a taxa aplicarase ás empresas eléctricas e de enerxía en concepto de ocupación do espazo público. En virtude deste convenio, Campos Conde explicou que se vai poñer en marcha un estudo para determinar o grao de ocupación de dominio público que se produce en cada un destes 51 municipios coa instalación do tendido eléctrico e da rede do gas. O convenio tamén establece a regulación das taxas que se van aplicar, así como a redacción das ordenanzas municipais. •