As xogadoras do CV Ribeira Sacra lograron o oitavo posto no Campionato de España cadete de Voleibol

•Conseguiron o obxectivo de quedar entre os 16 mellores clubes de España

Imaxe de arquivo das xogadoras do CV Ribeira Sacra que veñen de participar no Campionato de España cadete de Voleibol.
(Foto cedida).
O equipo cadete do CV Ribeira Sacra vén de conseguir este mes o oitavo posto no Campionato de España feminino de Voleibol. A máis importante cita nacional reuniu en Castellón, do 13 ao 17 de xuño, a un total de 32 clubes.
RESULTADO FINAL SUPERIOR AO DAS CAMPIONAS GALEGAS
As de Monforte, actuais subcampionas galegas, completaron un excelente resultado, ao acadar o oitavo posto, moi por riba do Calasancias Coruña, campionas de Galicia e que remataron no número 13 da clasificación final. En todo caso, ámbolos dous clubes galegos cumpriron o obxectivo que, segundo a Federación Galega de Voleibol, tiñan de quedar entre os 16 primeiros clubes de España.
ESTREA NACIONAL CON VITORIA
As cadetes do CV Ribeira Sacra estreáronse na competición nacional dentro do grupo E, cunha vitoria por 3-1 diante das cordobesas do Atmoss Adecor.
SEGUNDAS DE GRUPO PARA OITAVOS DE FINAL
Na segunda xornada, as de Monforte, adestradas por Manolo Martínez, contaban os partidos por vitorias, con outro éxito fronte o Seguros GP CAVS de Murcia, por 1-3. A derrota por 3-0 ante o Cecell de Lleida, disputado ao remate da segunda xornada, cambiou o sino do CV Ribeira Sacra, aínda que os resultados acumulados permitíronlle pasar a oitavos de final como segundas do seu grupo.
DERROTA FRONTE AO CAMPIÓN DE ESPAÑA
A terceira xornada do Campionato de España comezou cunha emocionante vitoria do CV Ribeira Sacra diante do Xátiva por 2-3, e rematou cunha derrota para as de Monforte por 0-3 fronte ao Morell Soller de Baleares, club que finalmente se proclamaría campión de España.
LOITA FRONTE AOS MELLORES EQUIPOS
A derrota por 3-2 do CV Ribeira Sacra diante das malagueñas do Pizarra, que remataron sextas, freou as aspiracións das monfortinas a lograr un mellor resultado na táboa. O CV Ribeira Sacra peleou polo sétimo posto ante o IBSA Las Palmas, rematando con derrota por 3-0 na penúltima xornada do campionato.
Con todo, as de Monforte loitaron cara a cara fronte aos mellores equipos de España, e o seu oitavo posto demostra o excelente traballo que está a realizar o CV Ribeira Sacra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Museo do Ferrocarril de Monforte superou en 6 meses o total de visitantes do ano pasado

Seguinte Nova

140 xogadoras internacionais daranse cita en xullo no campo de golf de Augas Santas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: