Axudas da Xunta por case 162.000 euros para o polígono do Reboredo en Monforte

• Balseiro anunciou unha achega de algo máis de 118.200 euros para obras na depuradora • Completouse a renovación do alumeado, cunha achega da Xunta e fondos propios do Concello

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita ao polígono do Reboredo, acompañado polo alcalde de Monforte, José Tomé, e a portavoz do PP no Concello, Julia Rodríguez, o pasado 18 de xuño. GPXG
O polígono industrial do Reboredo recibirá máis investimentos da Xunta de Galicia. En concreto, serán algo máis de 118.200 euros destinados a financiar obras na estación depuradora de augas residuais. Esta partida súmase aos 43.600 euros aportados polo Executivo autonómico para custear unha serie de reformas, xa executadas, no alumeado desta área industrial. Esta partida supuxo o 80% do importe total da actuación.
PRIORIDADE A MONFORTE NAS AXUDAS POR TER A CONSIDERACIÓN DE “CONCELLO EMPRENDEDOR”
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse ata Monforte o 18 de xuño para supervisar os traballos xa realizados, e tamén para anunciar os detalles da achega para a depuradora. Balseiro precisou que a convocatoria destas axudas deu prioridade, por vez primeira este ano, aos municipios declarados Concellos Emprendedores. Esta consideración, coa que xa conta Monforte, vén outorgada a través dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais.
NOVO SISTEMA PARA O FUNCIONAMENTO DA DEPURADORA DO POLÍGONO
Balseiro, que estivo acompañado polo alcalde de Monforte, José Tomé, explicou as actuacións previstas na depuradora. O proxecto financiado coa axuda da Xunta inclúe a instalación dun novo tratamento de aereación con fangos activos, co que se prevé mellorar de xeito considerable, segundo Balseiro, o volume de auga residual tratada, así como o funcionamento xeral da depuradora.
«DAR RESPOSTA» ÁS NECESIDADES DAS EMPRESAS EN SERVIZOS
José Manuel Balseiro salientou o traballo da Xunta de Galicia “para incrementar a competitividade das empresas galegas”, “dando resposta” ás súas necesidades en canto ás infraestruturas, os servizos e as comunicacións.
O NOVO ALUMEADO CUMPLE «UNHA VELLA ASPIRACIÓN DOS EMPRESARIOS»
En canto ás melloras no alumeado, o proxecto xa executado supuxo a renovación completa do sistema de iluminación do polígono do Reboredo. Segundo salientou o alcalde de Monforte, cambiáronse a totalidade dos báculos, que eran os primeiros que se instalaron cando botou a andar esta área industrial. Ademais, substituíronse todas as luminarias por LED, de máis capacidade lumínica con aforro enerxético.
Tomé destacou que co cambio do alumeado «damos satisfacción a unha vella aspiración dos empresarios ubicados no polígono, que agora dispoñen dun alumeado axeitado e acorde cos tempos actuais». •

O PLAN DE BANDA LARGA DA XUNTA LEVA INTERNET ULTRARRÁPIDA A VARIOS POLÍGONOS DO SUR

Na súa visita a Monforte, Balseiro lembrou que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levará “nos próximos meses” internet con redes ultrarrápidas a varias áreas industriais. A instalación de fibra óptica de R permitirá ás empresas ter internet con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descarga.
Ademais do Reboredo, proximamente se dará este servizo aos polígonos de Morelle e San Xulián de Veiga, en Sarria. Dende hai pouco, o Plan de Banda Larga xa ofrece internet ultrarrápida ao Porto Seco e ao polígono de Chantada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte de Lemos estrea web municipal e un novo portal de turismo

Seguinte Nova

O Concello de Sober incrementa en case 400.000 euros os Orzamentos para este ano

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: