A Rede Museística Provincial está a acoller dende comezos de xuño a exposición “Control”, do artista monfortino Roberto González Fernández. Ata o 30 de setembro poderán verse nos catro museos que integran a Rede esta proposta de González Fernández, formada por un cento de retratos, maioritariamente masculinos, a través dos que se fai unha reflexión sobre as distintas caras do poder.
Na inauguración da mostra, celebrada o 7 de xuño no Museo Provincial de Lugo, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, destacou que estas pezas “trascenden o valor estético da obra de arte”. Porto destacou que o autor “está a propoñer reflexións sobre a imaxe como comunicación”, e tamén como “símbolo das formas históricas de relación social e de control das diversas caras do poder”.
A exposición “Control” está concebida en catro temáticas, unha por cada un dos espazos museísticos nos que se amosa. O poder institucional, a influencia dos gobernantes na Historia, a educación e a relixión son revisados a través dos retratos instalados nos catro museos da Rede.
As pezas de Roberto González Fernández van acompañadas por poemas e creacións de María José Fernández, Marica Campo, Olalla Cociña e Olga Novo, nas que se reflexiona sobre “o devir das persoas como seres controlados”. •
Últimas noticias sobre CULTURA
O grupo de pop-punk La La Love You chegará a Monforte o venres 16 de agosto
A XXIV Mostra de Artesanía Artelemos, inaugurada o pasado luns 5 de agosto polo Alcalde José
O Pazo de Tor foi o escenario da presentación do catálogo da exposición «Historia do Futuro»
O pasado 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón celebrou o Orgullo Guímaro. A
A parroquia de Ferreiros acolleu a pasada fin de semana a segunda edición do festival Brindadeira.Brindadeira