Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para presentar traballos ao XII Certame de Investigación Condado de Pallares. Esta iniciativa, organizada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, recibe un ano máis o apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
A CULTURA DE GUNTÍN, CHANTADA, TABOADA, CARBALLEDO E PORTOMARÍN
Segundo precisan as bases da convocatoria, os traballos, que deberán ser inéditos e estar escritos en lingua galega, desenvolverán aspectos culturais do eido lingüístico, histórico, artístico, arqueolóxico, antropolóxico, etnográfico ou folclórico dos territorios comprendidos no antigo Condado de Pallares. Dentro desta denominación, están integrados os actuais municipios de Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo e Guntín. A organización establece un premio único de 3.000 euros, máis a edición da obra.
Na presentación do Certame, a responsable de Cultura na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, agradeceu a implicación da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares «por seguir espallando a nosa cultura polo mundo». Porto tamén amosou o compromiso da Deputación por seguir colaborando con esta iniciativa «para preservar a nosa lingua, cultura e tradicións». •