Entregados en Pantón os diplomas do obradoiro de emprego da Xunta

•Na iniciativa participaron os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao, cun total de 15 participantes

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na entrega de diplomas do obradoiro de emprego en Pantón. GPXG

O pasado 18 de xuño, tivo lugar en Ferreira a entrega dos diplomas aos 15 participantes no obradoiro de emprego Baliño, que compartiron os municipios de Pantón, Sober e O Saviñao.
Este obradoiro, destinado a menores de 30 anos, contou cun investimento de 140.200 euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A actividade ofreceu formación teórica e prática nas especialidades de fábricas de albanelería, con 8 alumnos, e montaxe e instalación de construcións de madeira, con 7 participantes. O obradoiro contou cun equipo de dous monitores, un director e un administrador.
A parte prática do obradoiro serviu para que o alumnado realizara obras de interese municipal. Así, en Pantón arranxaron a pista deportiva do Monte Baliño e a casa de campo da feira en Ferreira. En Sober, colocaron marquesiñas e arranxaron edificacións anexas ao edificio consistorial. No Saviñao, acondicionaron a biblioteca municipal, o Campo da Lama en Sampil, e mobiliario urbano. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As 12º Xornadas Xurídicas estiveron adicadas á responsabilidade civil nas diferentes áreas

Seguinte Nova

8.000 euros da Deputación para arranxar a igrexa de Sabadelle en Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss