Monforte de Lemos estrea web municipal e un novo portal de turismo

A presentación do novo portal de turismo de Monforte tivo lugar no Concello, o pasado 19 de xuño. GPCM
A mediados deste mes, o Goberno local de Monforte presentou a nova páxina web do Concello, ademais de estrear un novo portal de turismo municipal.
WEB MÁIS MANEXABLE DENDE CALQUER DISPOSITIVO
Segundo precisou o alcalde, José Tomé, estas dúas iniciativas son «un cambio importante do que é a carta de presentación da cidade en internet». O rexedor salientou que a renovada web municipal é «máis áxil, dinámica e intuitiva», co que se poderá «mellorar o servizo e a accesibilidade dos cidadáns» ás súas diferentes prestacións. Os cambios introducidos permitirán navegar pola web con máis facilidade dende dispositivos como móbiles ou tabletas, así como a través do ordenador.
«MONFORTE APOSTA POLA MODERNIDADE» NA PROMOCIÓN TURÍSTICA
En canto ao novo portal de turismo, está accesible a través da propia web municipal www.monfortedelemos.es. Tomé salientou que esta ferramenta está dedicada «en exclusiva á promoción da nosa localidade». Este portal busca ofrecer toda a información sobre Monforte de Lemos aos visitantes. «Para impulsar o turismo cómpre ter novas ferramentas que nos axuden a posicionarnos mellor na internet», apuntou o alcalde, que insistiu na «aposta do Concello de Monforte pola modernidade».  •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación destina 1,5 millóns para arranxar 32 quilómetros de estradas no sur

Seguinte Nova

Axudas da Xunta por case 162.000 euros para o polígono do Reboredo en Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: