O Museo do Ferrocarril de Monforte superou en 6 meses o total de visitantes do ano pasado

• A mediados de xuño de 2018, xa se tiñan rexistradas 14.000 visitas • Entre as últimas persoas en achegarse ao Museo, hai grupos de Alemaña e Australia

O Museo do Ferrocarril amosa unha exposición temporal con obras da colección Luis Díaz Guerra, no espazo acondicionado na última ampliación. GPXG
O Museo do Ferrocarril de Galicia estase a consolidar como un dos atractivos turísticos máis importantes do sur lucense. Segundo explicou o presidente do Padroado e delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o museo con sede en Monforte acadou os 14.000 visitantes no que vai de ano, cifra que supera o record logrado a decembro de 2017. Balseiro salientou tamén o feito de que un bo número de visitantes procede de fóra de España e de diversas partes do mundo. «Hai grupos de persoas de Alemaña e Australia» entre as últimas chegadas ao Museo do Ferrocarril, precisou.
AMPLIACIÓN NUNHA NAVE EN DESUSO
Balseiro presidiu a reunión do Padroado desta institución o pasado 14 de xuño. Entre as novidades do Museo, o delegado da Xunta en Lugo destacou o remate das obras de adaptación e reforma que permitiron ampliar a superficie expositiva do Museo. Para iso, aproveitouse unha nave baleira e contigua á principal, e nela leváronse a cabo traballos de acondicionamento, así como de musealización.
Imaxe da última reunión do Padroado do Museo do Ferrocarril de Galicia, celebrada en Monforte o 14 de xuño. GPXG
NOVIDADES PARA VER NO MUSEO
Ademais, os visitantes do Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte poden coñecer novos elementos vinculados á historia e á cultura ferroviaria. Así, está á vista dos visitantes a última mesa de control de tráfico de Galicia, que estivo operativa en Ourense ata a posta en marcha do sistema dixital. Esta peza constitúte «unha auténtica xoia», en palabras de Balseiro, «dentro dos moitos obxectos históricos que hai no Museo».
Tamén pode verse a recreación dunha antiga escola ferroviaria, e dun gabinete de circulación, ademais dunha sala cunha ampla colección de reloxos ferroviarios.
Así mesmo, pode verse nos espazos da nova ampliación unha exposición temporal de pintura. Baixo o título «Rail Arte Muferga», a mostra inclúe pezas da colección de Luis Díaz Guerra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Botan a andar os campamentos de verán nos municipios do sur de Lugo

Seguinte Nova

As xogadoras do CV Ribeira Sacra lograron o oitavo posto no Campionato de España cadete de Voleibol

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss