250 participantes no III Quiroga Night Trail

Saída da carreira-andaina nocturna Quiroga Night Trail, celebrada o 7 de xullo. (Foto: Raúl Carballedo)

Quiroga segue a ofrecer unha novidosa opción de lecer e deporte, que cada ano suma participantes.
Na noite do sábado 7 de xullo, o II Night Trail reuniu na vila quiroguesa a 250 corredores e corredoras, que realizaron dous percorridos de 21 e 10 quilómetros, este último tamén en modalidade andaina, por roteiros urbanos combinados con itinerarios pola natureza, e coa particularidade de ser unha das poucas carreiras nocturnas de Galicia.
Os gañadores do II Quiroga Night Trail en 10 quilómetros foron José Enrique Rodríguez Casal e María Novo Lago. O trail de 21 quilómetros tivo como triunfadores a Felipe Castro Fraga e Vanessa Berdejo Morales. Pola súa banda, o Club Formigueiros recibiu o recoñecemento ao club máis numeroso da proba.•

Alba Rodríguez, a mellor local en 10 km. (Foto: Raúl Carballedo)

 

Ignacio Mondelo, o mellor local en 10 km.(Foto: Raúl Carballedo)

 

Os gañadores da categoría local en 21 km, Nieves Rodríguez. (Foto: Raúl Carballedo)

 

Mariano Álvarez gañou o premio ao mellor corredor local en 21 kms. (Foto: Raúl Carballedo).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A golfista sueca Johanna Gustavsson arrasou no 6º Ribeira Sacra International Ladies Open

Seguinte Nova

Quiroga enxalza os seus produtos na XXVII Mostra do Mel o 10 de agosto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss