Arrancan as actividades do Verán Cultural de Monforte

• Artesanía, cine e música son algunhas das opcións lúdicas antes das Patronais

A XX Mostra Artelemos estará aberta na rúa Cardeal do 3 ao 8 de agosto. (Arquivo EC)
A programación Verán Cultural 2018 está a encher Monforte de actividades para todos os públicos. Ata comezos de outubro, a cidade do Cabe acollerá eventos de cine, artesanía ou música, nun amplo programa organizado polo Concello e que comeza antes das Festas Patronais.
PASEOS EN BARCA
Os Paseos en Barca polo río Cabe están en marcha ata o mes de setembro, con saída dende o embarcadoiro do Parque dos Condes. Ata o 20 de xullo, estivo aberta na Casa da Cultura a mostra fotográfica “Paisajes”, do monfortino Jesús R. Montero.
FANCINE DE LEMOS
Do 26 ao 29 de xullo, celébrase a quinta edición do Fancine de Lemos, Festival de Cine Fantástico e de Terror de Monforte, organizado por Amanita Estudio coa colaboración do Concello.
A música e o patrimonio serán os protagonistas do Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrará en varios emprazamentos da zona do 27 ao 29 de xullo. No exterior do Parador de Monforte, a partir das 20 horas, terá lugar o sábado 28 o concerto de Woods, Puerto Candelaria, Freedonia, Fuckaine e Coque Malla.
ARTESANÍA, MAXIA E MÚSICA NA RÚA
A rúa Cardeal acollerá, do 3 ao 8 de agosto, a XX Mostra Artelemos. Os traballos do concurso de carteis das Festas Patronais poderán verse na Casa da Cultura, do 9 ao 28. O día 8 haberá na Praza de España unha actuación dun dúo musical e do Escobar monfortino, ás 22,30 horas. O día 9, o Mago Lamas actuará na Praza de España ás 22,30 horas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As axudas de Medio Rural priorizarán ás granxas e hortas de agricultura ecolóxica

Seguinte Nova

Chantada afondou na súa identidade cultural nas II Xornadas do Folión de Carros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss