• No tocante ás achegas para mellora de explotacións hortícolas, e para o asesoramento a titulares de granxas
A agricultura ecolóxica terá un trato preferente no conxunto das achegas da Consellería de Medio Rural. Segundo explicou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, esta priorización débese ás «especiais características» deste tipo de actividade, ademais de polo seu «compromiso ambiental e sustentable».
HORTICULTURA E GRANXAS SUSTENTABLES
Do Campo anunciou estas medidas na reunión de traballo mantida o pasado 8 de xullo cos responsables do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Con carácter específico, as subvencións para apoio aos investimentos en explotacións agrícolas especializadas en horticultura considerarán de xeito preferente a condición de cultivo ecolóxico.
A titular deste departamento vinculado a Medio Rural tamén precisou que as axudas para prestación de servizos de asesoramento a titulares de granxas valorarán con especial preferencia ás explotacións ecolóxicas. Así, serán destacadas nas valoracións para achegas á prestación de asesoramento integral, debido a que este tipo de granxas inclúense dentro da agricultura sustentable e teñen, por tanto, características especiais.
CARÁCTER PRIORITARIO
Do Campo salientou varios motivos polos que considerar prioritarias as explotacións ecolóxicas. Ademais de estar situadas con frecuencia en zonas con limitacións naturais, moitas teñen como titulares a persoas de recente incorporación ao sector, ou ben a mulleres. •