As igrexas do Camiño Francés amplían o horario de visitas neste verán

• Na Diócese de Lugo, poderán visitarse ata o outono as igrexas situadas no Camiño Francés, Camiño Primitivo e Vía da Prata

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, deu a coñecer o acordo entre este organismo e as entidades eclesiásticas, xunto ao bispo da Diócese de Lugo, Alfonso Carrasco, o 10 de xullo. GPXG
Este verán, permanecerán abertas as igrexas das rutas xacobeas, logo do acordo acadado entre o Goberno galego e as entidades eclesiásticas. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o pasado 10 de xullo, os templos incluídos nestas rutas contarán cun amplo horario de visitas durante toda a semana, agás un día por descanso. Ademais, cada igrexa disporá de persoal para dar explicacións dos detalles da súa historia e das súas características patrimoniais.
15 IGREXAS E CAPELAS NAS RUTAS XACOBEAS DA DIÓCESE DE LUGO
Tal e como precisou Nava Castro, nun acto celebrado en Melide coa presenza do bispo da Diócese de Lugo, Alfonso Carrasco, as igrexas e capelas desta demarcación eclesiástica que se poderán visitar con amplo horario no verán son as do Camiño Francés, o Camiño Primitivo e a Vía da Prata. En concreto, o programa de apertura inclúe as igrexas de Santa María de O Cebreiro, Santiago de Triacastela, o punto de información do Mosteiro de Samos, O Salvador de Sarria, San Nicolás de Portomarín, O Salvador de Vilar de Donas, San Tirso de Palas de Rei, San Xoán de Furelos, San Pedro de Melide, Santiago de Boente, Santa María de Fonsagrada, Santa María de Vilabade, a Catedral de Lugo, incluída na declaración de Patrimonio Mundial dos Camiños do Norte, Santiago de Taboada, en Silleda, e Santa María de Dozón.
A estas localizacións hai que engadir outros 13 templos que xa estaban ofrecendo este horario, en virtude do acordo acadado con anterioridade por Turismo de Galicia coa Arquidiócese de Santiago de Compostela.
O 61% DOS PEREGRINOS DESTE ANO FORON ESTRANXEIROS DE 160 PAÍSES
Nava Castro salientou a «oportunidade para persoas de todo o mundo» que suporá esta medida. Castro lembrou que, no que vai de ano, recolleron a Compostela máis de 138.000 persoas, das que o 61% foron estranxeiros procedentes de 160 países. Ademais, o volume de peregrinos está a rexistrar un aumento do 9,5% respecto ás cifras do ano pasado.
A directora de Turismo de Galicia salientou que «compartir o noso patrimonio é a mellor forma de conservalo». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O verán en Sober ofrece propostas de lecer nas instalacións das Piscinas Municipais

Seguinte Nova

A Deputación restablece no Incio o acceso á parroquia de Trascastro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: