O verán en Sober ofrece propostas de lecer nas instalacións das Piscinas Municipais

•Éxito da primeira festa acuática con inchables deste verán, que se repetirá o 8 de agosto

A primeira festa acuática deste verán reuniu a numeroso público nas instalacións das Piscinas Municipais de Sober. GPCS
A tempada de verán xa comezou nas Piscinas Municipais de Sober. As instalacións, que están abertas de luns a domingo de 13 a 21 horas, ofrecen un amplo programa de actividades e servizos para todos os públicos.
Ademais, este ano o Concello de Sober decidiu acondicionar o espazo da carballeira, para gañar zonas de sombra nas que poder desenvolver parte das actividades programadas.
Entre as opcións para divertirse nas Piscinas Municipais, o Concello de Sober organiza clases de natación para nenos e adultos, así como aquagym ou bibliopiscina, ademais de xincanas, talleres e actuacións musicais.
Así mesmo, as Piscinas Municipais de Sober ofrecen wifi gratis para todos os visitantes. Ademais, está prevista a celebración de dúas festas de inchables. A primeira tivo lugar o 17 de xullo, cun éxito de público, segundo precisaron dende o Concello de Sober. Os responsables municipais agradeceron a alta participación nesta iniciativa. A segunda festa acuática con inchables terá lugar o mércores 8 de agosto.
En canto ás tarifas, a entrada ás Piscinas de Sober para os adultos é de 2,5 euros, mentres que os rapaces de 10 a 15 anos pagarán 1,5 euros. A entrada é de balde para os menores de 10 anos. Tamén hai a posibilidade de adquirir un bono mensual, con descontos respecto ao prezo unitario. Para as familias, o bono custa 40 euros, e o bono mensual individual ten un prezo de 30 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dun millón de euros para mellorar 108 pistas do rural de Monforte

Seguinte Nova

As igrexas do Camiño Francés amplían o horario de visitas neste verán

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: