Os viños rosados da Ribeira Sacra terán o selo da Denominación de Orixe

• Ademais, amplíase en 4 parroquias o territorio da Denominación

Entrega dos premios da XIV Cata dos Viños da Ribeira Sacra, coa presenza do director da Axencia de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, o pasado 6 de xullo en Monforte. GPXG

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra amparará co selo de calidade os viños rosados que xa se viñan elaborando tradicionalmente neste territorio. A modificación do prego de condicións desta Denominación, que publicou a Consellería de Medio Rural este mes, establece as especificacións técnicas que deberán ter os rosados deste selo, tanto de uva mencía como de brancellao ou merenzao.
Ademais, o texto inclúe outras novidades para a Denominación. Poderanse envellecer os viños en envases que non sexan de madeira e que teñan unha capacidade distinta á da barrica, e baixo a mención «garda». Por outra banda, os viños «summum» deberán ter un 85% dalgunha das uvas principais, sen ter que incluír un 60% de mencía, como ata agora. Así mesmo, entran cinco novas uvas na Denominación: caíño branco, branco lexítimo, gran negro, caíño longo e caíño bravo. Por último, o selo amparará a produción de uva nas parroquias de Fión, no Saviñao, e Fontao, na Teixeira, e a de viño na parroquia soberina de Gundivós, e en Boazo, na Teixeira. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

420.000 euros para construír o camping municipal de Ribas de Sil

Seguinte Nova

As axudas de Medio Rural priorizarán ás granxas e hortas de agricultura ecolóxica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: