100% de ocupación hoteleira en Monforte durante o Festival 17º Ribeira Sacra

Os concertos do 17º Festival Ribeira Sacra tiveron lugar en enclaves senlleiros desta zona, como a adega Regina Viarum, en Doade. EC

• Dende a organización e a Deputación de Lugo, principal patrocinador público do evento, amosáronse satisfeitos polas cifras rexistradas durante esta celebración, a finais de xullo. O Festival reuniu a preto de 4.000 persoas, cubriu a totalidade das prazas hoteleiras da cidade do Cabe, e esgotou as prazas de acampada ofrecidas no Concello de Sober. Ademais, o evento xerou 79 empregos, cun impacto económico de 250.000 euros, segundo afirmaron o director do Festival, Carlos Montilla, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.
Os responsables deste evento sinalaron que o 16% dos asistentes procedía de fóra de Galicia. Da nosa comunidade, Lugo foi a provincia que aportou un maior número de participantes, co 30% do total, seguida por  A Coruña e Pontevedra, cun 24% cada unha. Dende a organización destacaron que para o 80% dos asistentes, era a súa primeira participación neste Festival, o que permitiu valorar moi positivamente o efecto imán que ten o evento para atraer xente ao sur de Lugo.
En canto ao volume de negocio, a organización calculou uns 250.000 euros no total dos tres días de duración, cun gasto por persoa de 70 euros no propio evento, e unha media de 180 euros durante os tres días.
Así mesmo, a satisfacción dos asistentes foi moi alta, ata o punto de que o 100% dos enquisados afirmou que volverán á Ribeira Sacra en calquer momento do ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematou en Monforte o curso de autoemprego da Fundación Incyde

Seguinte Nova

308 novos empregos en 63 concellos co programa provincial DepuEmprego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: