19 voluntarios participan en Pantón no Campo de Traballo da Rota do Románico

• A actividade inclúe tarefas de acondicionamento de espazos públicos, labores de carácter social ou a elaboración dunha audioguía da contorna, entre outras

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, visitaron aos mozos e mozas que participan no Campo de Traballo Rota do Románico, o pasado 2 de agosto. GPDTL

Pantón está a acoller, durante a primeira quincena de agosto, unha nova edición do Campo Internacional de Traballo Rota do Románico. Esta actividade, de carácter medioambiental e cultural, acolle a un total de 19 voluntarios procedentes de varias cidades e vilas de Galicia e España, así como doutros países. O campo forma parte da oferta que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, propón a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos na Campaña de Verán.

TRABALLOS PARA POÑER EN VALOR O PATRIMONIO DA ZONA
Os voluntarios teñen encomendadas diversas tarefas vinculadas aos espazos patrimoniais e culturais. Entre elas, está a limpeza e acondicionamento de diversos tramos da Rota do Románico, e a realización de grafitis para poñer en valor espazos públicos. Tamén se encargarán de tarefas de acompañamento social a persoas maiores con actividades de tempo libre.

AUDIOGUÍA TURISTICA, E REPOSTERÍA NO OBRADOR DAS BERNARDAS
Así mesmo, está prevista a realización dunha audioguía turística da contorna, e a participación dos mozos e mozas nunha sesión de traballo no obrador de repostería da comunidades de relixiosas bernardas de Ferreira.

OS VOLUNTARIOS COÑECERÁN AS FESTAS E COSTUMES LOCAIS
A programación do Campo Internacional de Traballo Rota do Románico tamén dá a oportunidade aos voluntarios de mergullarse na vida social e lúdica da zona. Con este fin, están deseñadas diversas saídas polo municipio, para coñecer as festas, celebracións e costumes locais. A gastronomía terá presenza importante nestas actividades, como un dos elementos máis significativos da cultura dos pobos.

ACTIVIDADES DE SENDEIRISMO, NATUREZA E DEPORTES NÁUTICOS
Ademais, os participantes fan uso da piscina municipal, ademais de gozar con actividades náuticas como kayak ou paddleboard no embalse dos Peares. Tamén están pensadas para estes días sesión na natureza, con xeocatching ou barranquismo na ruta da  Fervenza de Augacaída.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentado o proxecto da residencia de maiores de Folgoso

Seguinte Nova

O programa Lugo Termal 2018 chega ás 1.000 prazas

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: