
A principios de agosto, foi presentado o proxecto da nova residencia e centro de día para maiores en Folgoso do Courel. O proxecto, cofinanciado pola Deputación de Lugo e o Concello, ofertará 32 prazas de residencia e outras 20 no centro de día.
Segundo o convenio asinado entre a administración provincial e a municipal, o organismo provincial aportará 1,2 millóns de euros para a posta en marcha deste servizo, mentres que o Concello de Folgoso achegará outros 200.000 euros, ademais de ceder os terreos e tramitar a licencia de obra.
O edificio contará con 780 metros cadrados de superficie en dúas plantas. Na planta de acceso estarán as 16 habitacións dobres para os residentes, con 24 metros de superficie cada unha e co seu propio baño adaptado, a recepción, a enfermería e un baño xeriátrico. No semisoto, estarán as zonas comúns, os servizos de lavandería, cociña e control, almacéns e vestiarios. •